Monday 29 de April de 2024

Máis de 600 inscritos para I Andaina Solidaria Art for Dent


Os edís Xabier Vidal e Fernando Abraldes presentaron hoxe a primeira Andaina Solidaria Art for Dent organizada pola Asociación Galega da Enfermidade de Dent xunto co colexio Galaxia.

A Asociación Art for Dent está formada por familias de Galicia e Asturias, unidas para loitar contra esta enfermidade minoritaria que afecta gravemente aos riles. Segundo explicou Fernando Yáñez, o obxectivo principal da asociación é o de visibilizar e recaudar fondos para a investigación desta “enfermidade rara” que leva a cabo o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.

A andaina organizada en Ribeira terá lugar o 17 de marzo con saída dende a Praza de España e cun percorrido de 6 km ata Pedrá da Rá, para a que xa hai máis de 600 persoas inscritas.

As inscricións poderanse realizar a través da web de www.deporticket.com ou ben nas instalacións do Colexio Galaxia en Ribeira.